Retos

AugaTech enmárcase nun modelo de innovación pública que impulsa solucións novas para necesidades reais, combinando coñecemento técnico, tecnoloxía e vocación de servizo público. O proxecto estrutúrase arredor de dous grandes retos, que responden a dúas dimensións complementarias da xestión da auga: AquaIA e AquaTwin.

AquaIA

A mellora na interacción cidadá en tempo real con Augas de Galicia

AquaIA é unha solución baseada en intelixencia artificial que permite un acceso máis áxil, sinxelo e personalizado á información sobre a auga. A través desta ferramenta, a cidadanía pode relacionarse coa administración de forma máis directa, clara e eficiente.

O proxecto nace coa finalidade de crear unha nova canle de comunicación entre Augas de Galicia e a cidadanía, facilitando unha interacción en tempo real que contribúe a mellorar a transparencia, optimizar os procesos administrativos e impulsar a participación pública.

Deste xeito, AquaIA achega un acceso avanzado á información hídrica, adaptado ás necesidades de cada persoa, ao tempo que establece unha comunicación continua coa administración. Isto permite reforzar a relación entre cidadanía e institucións, promovendo un maior coñecemento da actividade pública e favorecendo unha participación máis activa na xestión da auga.

En conxunto, AquaIA supón un paso adiante cara a un modelo máis aberto, accesible e eficiente, no que a tecnoloxía se pon ao servizo da cidadanía para mellorar a súa experiencia e a súa capacidade de interacción coa administración.

Obxectivos do proxecto

  • Facilitar o acceso á información e ao coñecemento para a cidadanía 
  • Fomentar a autonomía da cidadanía na súa relación coa administración 
  • Promover o coñecemento da Administración Hidráulica de Galicia (AHG) 
  • Fomentar a participación pública e o acceso aos servizos da Administración Hidráulica de Galicia 
  • Recollida e análise de información en tempo real da cidadanía 
  • Divulgar a información relevante en torno a xestión da auga en Galicia 
  • Facilitar a tramitación de procedementos administrativos 
  • Impulsar un modelo de interacción bidireccional e proactivo 

AquaIA baséase nun sistema integrado e intelixente, deseñado para evolucionar de forma continua e adaptarse ás necesidades da cidadanía, ofrecendo unha experiencia accesible e personalizada.

Capacidades do sistema

  • Asesoramento en comunicación baseado na análise de tendencias e opinións sociais.
  • Acceso e análise avanzada de información estatística.
  • Aprendizaxe continua do sistema mediante adestramento permanente.
  • Plataforma integral para a xestión de redes sociais.

Relación coa cidadanía

  • Difusión da actividade de Augas de Galicia.
  • Fomento da sensibilización cidadá en materia hídrica.
  • Impulso da participación en iniciativas relacionadas coa auga.

Servizos personalizados

  • Asistencia autónoma e personalizada na xestión da auga.
  • Acceso interactivo, sinxelo e adaptado á información de Augas.
  • Apoio na tramitación de procedementos administrativos.
  • Facilitación da participación cidadá na xestión dos recursos hídricos.

Intelixencia social e detección

  • Captación e análise de tendencias e opinións sociais en tempo real.
  • Detección temperá de incidencias e eventos relevantes.

Especificacións xerais de AquaIA

  • Interacción en galego e castelán. 
  • Especialización no sector da auga. 
  • Capacidade de autoaprendizaxe. 
  • Adestramento permanente do sistema. 
  • Sensibilidade fronte á fenda dixital e tecnolóxica. 
  • Funcionamento multiplataforma. 
  • Integración co resto de sistemas de Augas de Galicia. 
  • Desenvolvemento en código aberto. 
  • Arquitectura modular e escalable. 
  • Garantía de seguridade e privacidade, especialmente dos datos da cidadanía. 
  • Interaccións coa cidadanía libres de sesgos discriminatorios.

AquaTwin

Xemelgo dixital para a xestión avanzada de presións sobre concas hidrográficas

AquaTwin dispón de solucións innovadoras que permiten abordar a monitorización e xestión de presións sobre as concas hidrográficas de Galicia-Costa baixo un paradigma de asistencia á toma de decisións informadas en base a análisis avanzados de escenarios. 

Ten como obxectivo mellorar a xestión dos recursos hídricos da Demarcación Galicia Costa por parte dos técnicos de Augas de Galicia 

Obxectivos do proxecto

  • Mellorar a xestión integral dos recursos hídricos
  • Fortalecer a resiliencia ante o cambio climática
  • Cumprir cos obxectivos ambientais europeos
  • Fomentar a participación e concienciación cidadá
  • Optimizar os recursos operativos de Augas de Galicia 

Especificacións xenéricas

  • Interacción en galego e castelán 
  • Integración de datos de diversas fontes 
  • Integrada co resto de sistemas de Augas 
  • De código aberto 
  • Modular e escalable 
  • Deberá permitir a colaboración de diferentes actores involucrados na xestión da auga

OS DATOS DA AUGA Ó SERVIZO DA CIUDADANÍA