Declaración de responsabilidade
Subtitulo 1
Declaración de accesibilidade
A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web autagech.gal.
Situación de cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme co RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
Falta de conformidade co RD 1112/2018:
- Poden existir problemas para percibir algúns elementos do sitio, afectando aos requisitos:
- 9.1.1.1 Contido non textual
- 9.1.2.2 Subtítulos (gravado)
- 9.1.4.3 Contraste (mínimo)
da norma UNE-EN 301549:2022.
- Poden experimentarse problemas no acceso ás funcionalidades dos elementos do sitio, afectando aos requisitos:
- 9.2.4.4 Propósito das ligazóns (no seu contexto)
- 9.2.4.5 Múltiples vías
- 9.2.4.7 Visibilidade do foco
da norma UNE-EN 301549:2022.
Carga desproporcionada: non aplica.
O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.
Preparación da presente declaración de accesibilidade
Esta declaración foi preparada o 20/04/2022.
O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Última revisión da declaración: 08/05/2025.
Observacións e datos de contacto
En atención ao disposto no artigo 10.2 do RD 1112/2018, pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade, tales como:
- Informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web
- Transmitir outras dificultades de acceso ao contido
- Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade
Tamén pode presentar:
- Unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018
- Unha solicitude de información accesible relativa a:
- Contidos excluídos do ámbito de aplicación do RD (artigo 3.4)
- Contidos exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por supoñer unha carga desproporcionada
Na solicitude de información accesible deben concretarse con claridade os feitos, razóns e peticións.
As comunicacións, queixas e solicitudes serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia. Poden presentarse a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía, de maneira electrónica, telefónica ou presencial, así como a través de calquera das vías previstas na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Procedemento de aplicación
Se, unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa:
- Esta fose desestimada
- Non se estivese de acordo coa decisión adoptada
- Ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5 do RD 1112/2018
A persoa interesada poderá iniciar unha reclamación.
Tamén poderá iniciar esa reclamación se transcorre o prazo de 20 días hábiles sen obter resposta.
A reclamación pode presentarse a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía ou por calquera das vías previstas na Lei 39/2015.
As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia.
Contido opcional
Data da última revisión: 08/05/2025
Ligazóns relacionadas
- Pautas de accesibilidade para o contido web versión 2.1 (W3C)
- Guía rápida sobre accesibilidade web (W3C)
- Iniciativa de accesibilidade do W3C
- Real Decreto 1112/2018
- Estratexia de accesibilidade – Administración electrónica
- Norma UNE-EN 301549
- Atención á cidadanía
