Aviso legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o «Portal») que augatech.gal pon a disposición das persoas usuarias de internet.

augatech.gal é titular do dominio e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se realizarán os esforzos necesarios para que a información contida sexa exacta e estea actualizada, augatech.gal non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal nin que estea completamente actualizado.

augatech.gal non se fai responsable dos danos e prexuízos que poida ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

augatech.gal non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non ten ningún control, debendo a persoa usuaria do Portal aterse ás condicións de uso específicas desas ligazóns.

augatech.gal resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.


Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade de augatech.gal ou, no seu caso, de terceiros que autorizaron o seu uso.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • A persoa usuaria queda obrigada a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
  • Esta licenza non reduce nin restrinxe os dereitos exclusivos da persoa titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logotipos ou signos distintivos, de acordo coa lexislación vixente.

Política de cookies

Este Portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.

Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando se navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecer á persoa usuaria, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Tipos de cookies

Segundo a súa duración:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e elimínanse ao abandonar o sitio web.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período determinado.

Segundo a súa titularidade:

  • Cookies propias: enviadas e xestionadas por augatech.gal.
  • Cookies de terceiros: enviadas desde dominios xestionados por outras entidades.

Segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: permiten a navegación e o uso dos servizos.
  • Cookies analíticas: permiten a medición e análise do comportamento das persoas usuarias.
  • Cookies de preferencias: permiten lembrar información para personalizar a experiencia.

Xestión das cookies

Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, pode modificar a configuración do seu navegador:

  • Google Chrome
  • Microsoft Edge
  • Mozilla Firefox
  • Safari

No caso de rexeitar todas as cookies, algúns servizos ou funcionalidades do Portal poderían non funcionar correctamente.


Protección de datos

As persoas usuarias deste Portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo por augatech.gal, incluíndo o modo de exercicio dos seus dereitos e demais aspectos conforme á normativa vixente en materia de protección de datos.


Uso de linguas

Este Portal poderá ofrecer os seus contidos en galego e castelán, garantindo o dereito das persoas usuarias a escoller a lingua de relación.


Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que ataña ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais correspondentes ao domicilio da persoa titular do sitio web.